


O pasado venres día 11, técnicos do laboratorio Nacional de Referencia en biotoxinas de Romanía achegáronse ao Intecmar para coñecer o sistema de control do fitoplancto tóxico e de biotoxinas en moluscos aplicado en Galicia, e mantiveron unha xuntanza técnica cos seus responsables.
Como cada ano o Intecmar acollerá o curso organizado pola Comisión Oceanográfica intergubernamental (COI) da Unesco, a Axencia Española de Cooperación Internacional e Desenvolvemento (AECID) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), por medio do seu Centro Oceanográfico de Vigo. O curso versará sobre os programas de seguimento de biotoxinas mariñas, segundo a regulamentación europea, e está integrado por técnicos africanos e latinoamericanos, con experiencia nos análises de biotoxinas mariñas.
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) recibiu a visita de importadores franceses de mexillón, interesados en coñecer persoalmente o rigor do seguimento e control medioambiental e técnico-sanitario dos produtos do mar, que se fai na nosa Comunidade Autónoma, como garantía da calidade e salubridade dos nosos mariscos e, concretamente, do mexillón.
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico experimentaron un aumento xeralizado das matrículas dun 30% con respecto ao curso anterior.